Para inscricións, contacta con congresopsicoloxiaemerxencias@copgalicia.gal

MODALIDADE PRESENCIAL

 

< 29 de febreiro > 1 de marzo
Psicólogos/as colexiados/as 100€ 130€
Membros do GIPCE e Psicólogos/as integrantes do Grupo de Emerxencias doutros COP’s 60€ 90€
Estudantes de Psicoloxía (Grao, Mestría, Doutorado) 50€ 65€
Psicólogos/as col. en situación de desemprego  50€ 65€
Psicólogos/as non colexiados/as 200€ 260€
Outros profesionais de emerxencias 200€ 260€

MODO STREAMING

 

< 29 de febreiro > 1 de marzo
Psicólogos/as colexiados/as 80€ 110€
Membros do GIPCE e Psicólogos/as integrantes do Grupo de Emerxencias doutros COP’s 40€ 70€
Estudantes (Grao, Mestría, Doutorado) 40€ 55€
Psicólogos/as col. en situación de desemprego 40€ 55€
Psicólogos/as non colexiados/as 160€ 220€
Outros profesionais de emerxencias
160€ 220€

A inscrición pode realizarse a través do correo electrónico do COPG (copgalicia@copgalicia.gal) remitindo o boletín de inscrición xunto coa copia da transferencia bancaria a nome do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia na conta corrente IBAN ES02 0081 0499 6500 0227 8629 de SABADELL, ou a través da sede electrónica do COPG.

  • Respectarase rigorosamente a orde de entrada das inscricións realizadas.
  • O Congreso terá un mínimo de asistentes, podendo suspendelo o Colexio no caso de non obter un número suficiente de inscricións.
  • Ao día seguinte de rematar o prazo de inscrición comunicarase por e-mail a admisión ou non admisión.
  • Todas aquelas persoas inscritas tanto na modalidade streaming como na presencial terán acceso a todos os relatorios en diferido. Unha vez finalizado o Congreso, recibirán unha ligazón para poder acceder ao seu visionado durante un prazo de 6 meses.
  • Entregarase o correspondente certificado de asistencia, para o que será necesario ter asistido ao 80% da duración da sesión.
  • Non se poderá anular a inscrición nin se devolverá o importe da matrícula fóra do prazo sinalado para a inscrición.
  • Deberase estar ao corrente no pago das cotas colexiais.
  • Para as tarifas de demandante de emprego, axuntarase informe de situación administrativa actual ou informe de demandante de emprego, asinado pola persoa responsable da oficina do Servizo Público de Emprego de Galicia con data actual e a tarxeta de demandante de emprego.
  • Para as tarifas de estudante achegarase copia da matriculación no curso actual.
  • Os colexiados e colexiadas noutros Colexios Oficiais de Psicoloxía de España deberán aportar certificado de colexiación.
  • Os psicólogos e psicologas non colexiados deberán aportar copia do seu título ou certificado de grao ou licenciatura en psicoloxía.
  • Os psicólogos e psicólogas colexiadas membros doutros Grupos de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias noutros Colexios Oficiais de Psicoloxía deberán aportar certificado de ser membros do grupo.