Programa
ENTREGA MATERIAL
Xoves, 2 de maio de 15:00 a 16:00 horas.
2 de Maio
HORA
SALA 1
SALA 2
SALA 3
SALA 4
Facultade de Psicoloxía da USC
OBRADOIRO 1
AFORO COMPLETO
Intervención psicolóxica en crises e emerxencias
Juan Manuel Fernández Millán
OBRADOIRO 2
Ser e estar como unha base segura nas emerxencias
Ana Isabel Martínez Arranz
OBRADOIRO 3
Unha ollada á intervención en crise con minorías étnicas e poboación refuxiada
Hafdallah Menni El Ouali
OBRADOIRO 4
AFORO COMPLETO
O silencio nas intervencións. Grupo de Atención a Intervenientes
Lorena Nieto Iglesias
2 de Maio
HORA
Facultade de Psicoloxía da USC
CONFERENCIA 1
Terapia EMDR e intervención en crises
Anabel González Vázquez
DESCANSO
SINATURA DE LIBROS
Anabel González Vázquez e Juan Manuel Fernández Millán
3 de Maio
HORA
SALÓN NOBRE – PAZO DE FONSECA (Reitorado USC)
CONFERENCIA INAUGURAL
Sobre o valioso e os riscos, máis alá do evidente, na intervención psicolóxica
profesional en catástrofes e emerxencias.
Miguel Anxo García Álvarez
ACTO INAUGURAL
CONFERENCIA 2
Do individuo á comunidade e da comunidade ao individuo: intervencións psicolóxicas de emerxencia multinivel.
Reparación das feridas da alma individuais e colectivas.
Giada Maslovaric
CONFERENCIA 3
A situación da Psicoloxía de Emerxencias en España: Sostendo o futuro
con desafíos e retos.
Francisco Javier Torres Ailhaud
HORA
SALA 1
SALA 2
SALA 3
SALA 4
Facultade de Psicoloxía da USC
SIMPOSIO 1
ATENCIÓN PSICOLÓXICA DURANTE A COVID
Conectados na distancia: Explorando os dispositivos de atención psicolóxica telefónica en tempos de confinamento
Lourdes Fernández Márquez
Proposta de Protocolo de Recollida de Datos para Crises e Emerxencias. Aprendizaxes dos Dispositivos de Atención Psicolóxica Telefónica na Crise de COVID-19
María Carpallo González
Principais retos desde as Administracións Públicas para afrontar a saúde mental na era PosCOVID-19
María Tajes Alonso
SIMPOSIO 2
ACCIDENTES DE TRÁFICO
Intervención psicolóxica avanzada en accidentes de tráfico. Modelo de traballo no GIPCE
Diego Antelo Guerra
“Por qué?”
É a voz das vítimas.
Jeanne Picard Mahaut
Psicoloxía do Tráfico: antes e despois de despois
Eva Muíño Gómez
SIMPOSIO 3
AUTOCOIDADO DE INTERVINIENTES
Intervención psicolóxica con equipos de primeira resposta. As vítimas ocultas da emerxencia.
Lola Collado Tarazón
Entre o caos e a calma:
Profesionais da Psicoloxía de Emerxencias e o
autocoidado como prioridade.
Natalia Lorenzo Ruíz
Os heroes tamén necesitan atención psicolóxica.
Marcos Araújo Pereira
SIMPOSIO 4
EMERXENCIAS INTERNACIONAIS
Vis a Vis. Sostendo as súas emocións, sostendo as nosas emocións.
Aurora Rozadilla Arias
Psicoloxía de emerxencias en Europa na actualidade: debate e presentación dos dous modelos de intervención
Anna Romeu Mateu
Cooperación Internacional: MHPSS en contextos de Emerxencias, Crises e Catástrofes. Diferentes
escenarios de Intervención
Jose Mª Freire Duro
DESCANSO
SINATURA DE LIBROS
José Antonio Luengo Latorre e Luis Fernando López Martínez
SIMPOSIO 5
SUICIDIO EN MENORES
Autolesión e suicidio adolescente na era dixital: Retos e desafíos de futuro.
Luis Fernando López Martínez
Prevención da violencia
autoinfrinxida na infancia e adolescencia.
O papel dos centros educativos.
José Antonio Luengo Latorre
Prevención do risco suicida na adolescencia en Galicia
Alejandro Alberto García Caballero
SIMPOSIO 6
GRANDES EMERXENCIAS
A intervención GIPCE no naufraxio do Villa de Pitanxo
Olegaria Mosqueda Bueno
Pendente confirmar título
Cristina García González
A preparación psicolóxica de rescatadores militares: Terremoto de Turquía 2023
Mª del Pilar Bardera Mora
SIMPOSIO 7
TERRORISMO E CONFLITOS BÉLICOS
Emocións baixo o chaleco
antibalas: Coordinación en
psicoloxía de emerxencias nunha guerra.
Melinda Endrefy
Intervención psicolóxica
en incidentes de múltiples
vítimas intencionado
Andrés Cuartero Barbanoj
Intervención psicosocial, de emerxencias e sen fronteiras na axuda humanitaria en conflictos armados
SIMPOSIO 8
DESAPARECIDOS
A desaparición… un dó conxelado
Joaquín Amills Bonet
Avaliación da sintomatoloxía postraumática en familiares de persoas desaparecidas
Aída de Vicente Colomina
Desaparecidos tras a violencia política. Leccións aprendidas con colectivos represaliados.
A Policía Nacional en desapariciones e incidentes críticos
4 de Maio
HORA
COMUNICACIÓNS LIBRES
HORA
SALÓN DE ACTOS DA FACULTADE DE PSICOLOXÍA DA USC
CONFERENCIA 4
Atención ao continuo suicida desde emerxencias
Teresa Pacheco Tabuenca
DESCANSO
SALA 1
SALA 2
SALA 3
Facultade de Psicoloxía da USC
SIMPOSIO 9
ASPECTOS LEGAIS
Excepcións legais na intervención psicolóxica en situacións de crise e emerxencia.
Cecilia Barros Díaz
Presentación Guía de boas prácticas na Psicoloxía de Emerxencias.
Responsabilidade, ética, deontoloxía e boa praxis na intervención psicolóxica en emerxencias.
SIMPOSIO 10
VIOLENCIA DE XÉNERO
Presentación do Protocolo GIPCE en situación de violencia de xénero.
Mª Luz Losada Somoza
Funcionamento dun dispositivo de intervención psicolóxica na urxencia por violencia de xénero.
Fátima López Rodríguez
Rubén Villar Trenco
Atención psicolóxica a menores vítimas de violencia de xénero antes, durante e despois do incidente crítico (consecuencias emocionais)
SIMPOSIO 11
MENORES E POBOACIÓN VULNERABLE
Intervención en emerxencias con persoas con diversidade intelectual
Mª Carmen González Hermo
Como conectar co menor nunha intervención de emerxencia
Mercedes Jiménez-Carlés González-Barba
Comunicación con persoas maiores vulnerables en situacións de crises e emerxencias
HORA
SALÓN DE ACTOS DE PSICOLOXÍA DA USC
CONFERENCIA 5
Atrapadas. Da negación á emerxencia
Dolores Mosquera Barral
CONFERENCIA 6
Intervención en crises: Teoría do apego e neurociencias
José Navarro Góngora
DESCANSO
CONFERENCIA 7
A Psicoloxía de Emerxencias nos vindeiros anos: retos e oportunidades
Mª Paz García Vera
ENTREGA DE PREMIOS E
CLAUSURA DO CONGRESO
2 de Maio
3 de Maio
Presentación de traballos
Os traballos poderán presentarse en calquera dos idiomas oficiais do Congreso (galego e castelán). Poderanse enviar propostas para presentación de comunicación oral, audiovisual e póster a través do correo electrónico: congresopsicoloxiaemerxencias@copgalicia.gal ata o 15 de marzo de 2024. Deberase indicar se se desexa optar a premio.
Entregarase un certificado de presentación de comunicación oral, audiovisual ou escrita (póster) só aos traballos expostos, con tantas copias como autores e autoras figuren nelas (ata un máximo de tres autores ou autoras).
Aínda que se tentará atender as solicitudes das persoas participantes, o Comité Científico poderá propoñer aos autores e autoras un cambio de modalidade na presentación das comunicacións por motivos de organización do Congreso.
Temática
Aceptaranse traballos centrados nalgún aspecto relacionado coa Psicoloxía de Emerxencias aplicada en calquera contexto e que aborden aspectos de interese a xuízo do Comité Científico do Congreso. Poderanse tratar investigacións orixinais, estudos de casos, deseño ou validación de instrumentos de avaliación, proxectos de intervención psicolóxica, exposición de modelos teóricos ou traballos de revisión.
Modalidades
Comunicación oral: O tempo permitido para unha comunicación oral será entre 10-15 minutos (dependendo do número de comunicacións que integren en cada sesión). Os resumos individuais aceptados para a súa presentación oral poderán ser agrupados polo Comité Científico en simposios conformando grupos temáticos. A presentación da comunicación levarase a cabo por un só autor ou autora.
Comunicación escrita (Póster): Os pósteres permanecerán expostos en formato físico no espazo designado e durante o tempo que determine a organización do Congreso. É necesario que algún dos autores ou autoras permanezan dispoñibles en diferentes momentos para explicar o seu traballo ás persoas interesadas. O póster terá unha dimensión máxima de 90 x 120 cm (formato vertical). Os autores e autoras poderán achegar durante o Congreso copias impresas en formato A4 para a súa distribución.
Comunicación audiovisual: O tempo de duración da comunicación audiovisual será entre 3 e 5 minutos e serán expostas de forma continuada nunha das salas do Congreso.
Os autores e autoras asumirán a responsabilidade sobre a correcta gravación e envío dos vídeos de presentación das súas comunicacións. Na gravación deberá aparecer en pantalla un só autor ou autora e primar os textos breves e o material gráfico que ilustre os procesos e resultados do traballo realizado polas persoas autoras.
Os vídeos de presentación das comunicacións deberán realizarse a pantalla completa e orientación horizontal, situando na esquina superior dereita a xanela na que se mostre ao autor ou autora. O formato deberá ser mp4 e calidade 1920 x 1080 (HD).
Unha vez realizada a gravación e obtido o arquivo de vídeo cos parámetros indicados, este deberá ser subido a unha plataforma ou repositorio na nube configurando os seus permisos para permitir a súa visualización por outros usuarios e usuarias. Unha vez resoltos estes pasos, obterase a URL que deberá ser incluída no formulario de entrega, dispoñible na web do Congreso.
Normas de presentación
Os resumos tanto para comunicacións orais, audiovisuais, e escritas (pósteres), remitiranse a través do correo electrónico: congresopsicoloxiaemerxencias@copgalicia.gal. Deberan ter unha extensión de entre 250 e 300 palabras, debendo facer constar ata un máximo de cinco palabras-chave.
Deberán incluír información relativa á introdución, obxectivos, método, resultados e discusión/conclusións. Non se poderán inserir táboas nin figuras no resumo. Para presentar un traballo é requisito imprescindible que cando menos un ou unha das persoas autoras estea inscrita no Congreso.
Se un traballo non é aceptado, poderase solicitar a devolución do 100% das taxas de inscrición.
Ningún autor ou autora poderá figurar en máis de 3 traballos nin ser máis de tres persoas autoras por traballo.
Premios
Poderase optar a premio na modalidade de presentación en formato de comunicación oral, audiovisual e escrita (póster). O Comité Científico do Congreso seleccionará os mellores traballos de cada modalidade en función da súa calidade, orixinalidade e riqueza expositiva e dará a coñecer os traballos gañadores no transcurso do Congreso. Establécese un premio de 250 euros para cada modalidade e a organización do Congreso estenderá un diploma acreditativo. Os premios poderán declararse desertos.
JUAN MANUEL FERNÁNDEZ MILLÁN. ME-00012
Licenciado en Psicoloxía pola Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED) en 1991. Cursou o Doutorado no programa de Psicoloxía Clínica e da Saúde na Universidade de Granada. Obtención do Grado de Doutro en Psicoloxía pola Universidade de Granada no ano 2006, cunha cualificación de sobresaínte Cum Laude por unanimidade. Obtención do título de Psicólogo Especialista en Psicoloxía Clínica no ano 2007.
Rematada a licenciatura exerceu como profesor-titor do Centro Asociado da UNED en Melilla, onde estivo máis de 15 anos e ao mesmo tempo tamén exercía no ámbito privado cun gabinete de psicoloxía clínica. Os seguintes anos dedicouse ao acollemento residencial de menores, primeiro como educador, máis tarde como director e finalmente como psicólogo, ampliando baixo esta figura ao ámbito de traballo ao acollemento residencial de anciáns. Desde 1997 interveu en sucesos de emerxencias e catástrofes o que deu lugar a creación do Grupo de Intervención Psicolóxica en Emerxencias e Catástrofes do COP Melilla (GIPEC). Actualmente exerce como docente na área de psicoloxía social da Universidad de Granada na Facultade de Ciencias Sociais e Xurídicas de Melilla.
Participou en diferentes investigacións sobre a impulsividade en menores, tema da súa tese, sobre diversos aspectos relacionados cos menores maltratados e acollidos en residencias, sobre o burnout en traballadores de centros residenciais e sobre os perfís de competencia e a súa avaliación nestes mesmos traballadores (froito da colaboración do departamento de Recursos Humanos do Centro Asistencial de Melilla na que exerceu máis de 25 anos) e sobre a intervención dos psicólogos e psicólogas en emerxencias e catástrofes.
Así mesmo, participou como relator en numerosos relatorios de xornadas e congresos, tanto de ámbito nacional como internacional.
LUIS GARCÍA VILLAMERIEL. M-13903
- Licenciado en Psicoloxía
- Psicólogo Especialista en Psicoloxía Clínica
- Máster EEES en los Retos de la Paz, la Seguridad y la Defensa
- Máster en Saúde Mental e Clínica Social
- Doutorando en DDHH na UC3M
Director técnico en Psicólogos Sin Fronteras CLM, traballa desde fai máis de vinte anos en proxectos de cooperación internacional en contextos de violencia política, dirixidos a colectivos vulnerables, defensa de Dereitos Humanos con poboación represaliada en Venezuela, Nicaragua, Honduras, O Salvador, Cuba e Guatemala. Foi Psicólogo de Garda en SAMUR-PC, no concello de Madrid, e compatibilizou este labor como Capitán Psicólogo (RV) no Corpo Militar de Sanidade en distintas activacións na Unidade Militar de Emerxencias, e Hospital Central de la Defensa “Gómez Ulla”, entre outros destinos.
Foi profesor do Máster en Cooperación Internacional e da Xestión das ONGDs, da Universidade de Santiago de Compostela, desde a súa primeira edición, e actualmente imparte docencia en Máster Universitario en Intervención Psicolóxica en Situacións de Crises, Catástrofes e Emerxencias da Universidade Europea de Madrid e colabora con diversos centros universitarios impartindo docencia relacionada coa súa especialidade.
PEDRO SANTAMARÍA GARGAMALA. G-4358
- Licenciado en psicoloxía, Máster en: Psicoxerontología, Neuropsicoloxía, Psicoloxía clínica e terapia familiar.
- Experiencia:
- Psicólogo no Hospital Vithas Vigo. Psicoxerontólogo e director dos centros de día Net-Avó.
- Docente externo na facultade de psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Formador e relator para diferentes entidades como a ONCE, Cruz Vermella, AFAGA, ATEGAL, ACDgal, COPg, SGXX… Autor de diversos manuais e cursos de interese sanitario acreditados polo SERGAS. Proxectos de investigación e intervención en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
- Coordinador do Grupo de Psicoloxía do Envellecemento da Sección de Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
- Experiencia en emerxencias:
- Asistencia á tripulación a bordo dun barco, despois de sufrir un accidente traumático en alta mar, coordinación con equipo en orixe (Alemaña).
- Asistencia a persoas illadas e hospitalizadas, vítimas do Covid, entre Marzo e Xuño de 2020 no hospital Vithas Vigo.
- Comunicación de falecementos de familiares e diagnósticos difíciles a pacientes.
FÁTIMA LÓPEZ RODRÍGUEZ. G-2712
– Psicóloga habilitada para o exercicio de actividades sanitarias con máis de 20 anos de experiencia desenvolvendo a súa actividade.
– Acreditación nacional de psicóloga experta en Psicoloxía de Emerxencias e Catástrofes
– Psicoterapeuta con Orientación en Mindfulness e Compaixón.
– Máster de psicoterapia EMDR pola UNED
– Experta en trauma, apego e disociación
– Terapeuta Familiar
-Axente de igualdade de oportunidades polo Instituto da Muller (2000)
-Membro do grupo GIPCE-112 do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (2004 – actualidade)
-Membro experto dun equipo nacional constituído ao amparo da Secretaría de Estado de Seguridade para a revisión pormenorizada dos casos de homicidio de mulleres no ámbito da relación de parella (2017)
– Coordinación do programa de Asistencia Psicolóxica Especializada ás Vítimas nas OAV e ao Cidadán existentes na CCAA (2017 – 2018)
– Coordinadora do programa de Atención Psicolóxica Especializada a Persoas Afectadas pola Violencia de Xénero do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia convido coa SXI (2014 – 2018)
– Coordinadora da Comisión Intersectorial Feminista do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (2018-2021)
– Coordinadora do Espazo de Autocoidado do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (2021 – 2022)
– Actualmente desenvolve a súa actividade en consulta privada, actividade que compaxina coa coordinación da Quenda de Atención Psicolóxica Especializada e Permanente en Violencia de Xénero do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e coa súa participación en diferentes accións vinculadas coa promoción do autocuidado e o coidado mutuo na comunidade.
GUILLERMO FOUCE FERNÁNDEZ. M-13404
- Doctor en Psicoloxía
- Profesor asociado da Universidad Complutense de Madrid e profesor de honra da Universidad Carlos III, con máis de 20 anos de experiencia docente en diferentes universidades
- Coordinador de Saúde e Consumo do Concello de Getafe
- Presidente da Fundación Psicología sin Fronteras
- Experto recoñecido en psicoloxia da intervención social e psicoloxía das emerxencias polo Consejo General de la Psicología
- Autor de máis de 20 artigos e varios libros
Mº PILAR BARDERA MORA
-
Teniente Coronel Psicólogo.
-
Jefa de la Sección de Psicología de la Unidad Militar de Emergencias.
-
Licenciada en Psicología por la Universidad Complutense de Madrid y Doctora en Psicología por la UNED.
-
Psicólogo Especialista en Psicología Clínica, Máster en Prevención de riesgos laborales, Experto en Intervención en trauma con EMDR, y Experto en Gestión de Catástrofes.
Más de 30 años de experiencia como psicólogo militar. Ha participado en distintos dispositivos de atención a la población y a los intervinientes en contextos de emergencias y catástrofes, a destacar su participación en: los conflictos bélicos de los Balcanes, accidentes aéreos de Spanair y Germanwings, inundaciones del Ebro y terremoto de Turquía, entre otros.
Amplia experiencia como docente e investigadora, cuenta con más de 30 publicaciones científicas y es colaboradora habitual en diferentes foros académicos y profesionales.
GIADA MASLOVARIC
Psicóloga, psicoterapeuta, supervisora e facilitadora de EMDR. Experta en Intervencións Relacionais en Contextos de Emerxencia, desde 2007 coordinou e supervisou moitas das intervencións da Asociación EMDR Italia en maxi-emerxencias (terremoto de Amatrice, Emilia Romagna, L’Aquila) e “emerxencias simples” (infanticidios, suicidios, maxi accidentes de tráfico etc.). Imparte clases en varios másteres de psicotraumatología e Psicoloxía de Emerxencias. É formadora do Ministerio de Asuntos Exteriores italiano en psicoloxía e comunicación en emerxencias para embaixadores, cónsules e diplomáticos. Colaborou e formou a diversas organizacións: Polizia di Stato, Polizia Locale, Protezione Civile, Esercito Italiano, CNSAS etc. Experta nas declinacións de EMDR grupal tanto na reelaboración do trauma colectivo como no ámbito clínico de parellas e familias. Profesora de Yoga Trauma Informed e naturópata en formación. Entre as súas publicacións destacan Traumi Psicologici, ferite dell’anima (2011) e EMDR di gruppo, insieme verso il benessere (2020).
JESÚS LINARES MARTÍN, M-32736
Psicólogo sanitario de emerxencias doutorando en biomedicina. Director do Máster Oficial Universitario en Intervención Psicológica en Situaciones de Crisis, Catástrofes y Emergencias (Universidad Europea de Madrid).Acreditado polo Consejo General de la Psicología como psicólogo experto en crisis, catástrofes e emerxencias. Coordinador do dispositivo de atención psicolóxica fronte ao Covid-19 da Comunidade de Madrid e o Colegio Oficial de la Psicología de Madrid. Xefe de sala do Servicio Nacional de Primera Atención Psicológica (SPAP) do Ministerio de Sanidade e o Consejo General de la Psicología. Coordinador do programa nacional de Atención en Crisis al Duelo PSF – Albia Tanatorios. Responsable do Área de Emergencias de Psicología sin Fronteras e mediador familiar en servizos públicos sociais. Psicólogo de emerxencias en Medicina Intensiva. Coordinador de dispositivos de intervención psicolóxica en emerxencias internacionais: Siria, Palestina e Guinea Ecuatorial.
JULITA Mª TOURIÑO ARAÚJO. G-1981
– Licenciada en psicoloxía, coa habilitación en psicoloxía sanitaria.
– Membro do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias do COPG e membro da Comisión Coordinadora do GIPCE desde 2014 e desde a 2016 xefa de Garda do GIPCE.
– Psicóloga acreditada polo Consello Xeral de Psicoloxía como psicóloga experta en psicoloxía de emerxencias e catástrofes.
– Psicóloga en práctica privada.
- Terapeuta do Programa de Atención Psicolóxica a Mulleres que sofren violencia de Xénero e complementariamente para as súas fillas e fillos menores e outras persoas da súa contorna familiar que padezan situacións de violencia de xénero ao abeiro do convenio adscrito entre ou COPG e a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia dende febreiro de 2012 ata a actualidade.
- Terapeuta do Programa de Atención Psicolóxica a homes con problemas de control de violencia no ámbito familiar (Abramos o Circulo) ao abeiro do convenio adscrito entre ou COPG e a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia dende febreiro de 2012 ata a actualidade.
- Terapeuta da Quenda de garda Psicolóxica especializada e permanente para mulleres e seus fillos e fillas menores, que sofren violencia de xénero na Comunidade Autónoma.
- Psicóloga do dispositivo Punto Lila en Santiago de Compostela nos anos 2018, 2019, 2021.
– Membro da Rede Nacional de Psicólogos para a Atención de Vítimas do Terrorismo.
– Formadora a diferentes colectivos profesionais.
Mª CARMEN GONZÁLEZ HERMO. G-3100
Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela en 1999. Vicesecretaria da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia desde maio de 2022. Membro do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do COPG desde 2008, do que forma parte da coordinadora desde outubro de 2010 á actualidade. Membro do Grupo de Apoio a Intervinientes (GAI) do GIPCE desde novembro de 2016. Acreditada como experta no ámbito das emerxencias polo Consejo General de la Psicología.
Exerceu no Centro Ambar de persoas con diversidade funcional ata o ano 2022 e na actualidade exerce por conta propia.
LORENA NIETO IGLESIAS. G-3633
Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela en 2006. Psicóloga habilitada para o exercicio de actividades sanitarias. Especializada en igualdade e violencia de xénero. Psicóloga no programa Vagalume – Servizo de atención integral á muller de Cáritas – Santiago de Compostela.
Experta en atención psicolóxica en emerxencias, é membro do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia desde o 24 abril 2012 e do que formou parte como membro da coordinadora desde setembro de 2018 ata marzo de 2019 e como membro do Grupo de Apoio a Intervinientes (GAI) do GIPCE desde setembro de 2020 á actualidade.
Experiencia en intervención e atención psicolóxica en situación de crises con mulleres vítimas de explotación sexual e/ou trata con fins de explotación sexual, atención psicolóxica especializada en situacións de crises humanitarias e/ou migratorias, acompañamento en dó en situacións de hospitalización paliativa e/ou urxencias sanitarias e formación e docencia especializada en apoio psicolóxico en catástrofes e emerxencias.
HAFDALLAH MENNI EL OUALI. G-5399
Licenciado en Psicoloxía por la Universidade Central Marta Abreu de las Villas (Cuba). Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria pola Universidade Internacional de Valencia, profesor colaborador na Universidade Oberta de Cataluña e investigador do departamento de personalidade, avaliación e tratamentos psicolóxicos da Facultade de Psicoloxía de Murcia.
É membro da Comisión para a Defensa da Profesión do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Forma parte do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do COPG.
Na súa traxectoria profesional destaca a súa participación en distintos proxectos en materia de protección internacional, trata de seres humanos, persoas en situación de prostitución e menores tutelados e non acompañados. É colaborador en Aceem, organización española sen ánimo de lucro especializada en persoas refuxiadas, migrantes ou risco de exclusión social.
ANA ISABEL MARTÍNEZ ARRANZ. G-2573
Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Salamanca no ano 1995. Psicóloga habilitada para o exercicio de actividades sanitarias, terapeuta familiar, exerce na práctica privada no Gabinete Claves en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). Psicóloga nos Servizos Sociais do Concello de Camariñas (A Coruña) entre xaneiro de 2002 e setembro de 2021. Membro do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia desde o 2004, do que foi coordinadora entre os anos 2006 e 2019. Acreditada como experta no ámbito das emerxencias polo Consejo General de la Psicología. Máster de Mindfulness na Universidad de Zaragoza; terapeuta en Terapia Centrada na Compaixón; instrutora certificada no Programa de Adestramento no Cultivo da Compaixón (CCT), Universidad de Stanford (CCARE) e o Compassion Institute; instrutora do Programa oficial de Kristin Neff e Chris Germer Mindfulness Self-Compassion (MSC) do Center for Mindful Self-Compassion; actualmente en formación como instrutora do Programa Oficial Reducción do Estrés Baseado no Mindfulness (MBSR), creado por Jon Kabat-Zinn.
ANABEL GONZÁLEZ VÁZQUEZ
É psiquiatra e psicoterapeuta, con formación en diversas orientacións como terapeuta de grupo, sistémica, cognitivo-analítica e EMDR e terapias de trauma. Traballa no Hospital Universitario de A Coruña (CHUAC), coordinando o Programa de Trauma de Disociación, orientado a pacientes con traumatización grave. Desde fai anos imparte formación sobre trastornos disociativos, trauma, apego e regulación emocional. É adestradora acreditada de terapia EMDR e presidenta da Asociación EMDR España.
É doutora en medicina. Participa como profesora invitada no Máster en Psicoterapia EMDR da Universidad Nacioinal de Educación a Distancia (UNED) e é titora do doutorado na Universidade da Coruña. A nivel de investigación, dirixe varios proxectos no campo do trauma e o tratamento con EMDR de diversos trastornos. Publicou numerosos artigos sobre disociación, trauma e EMDR, e é autora/coautroa de diversos libros orientados a profesionais e tamén de divulgación xeral. As súas publicacións no ámbito da divulgación son: No soy yo (sobre o trauma, o apego e a disociación), Lo bueno de tener un mal día (orientado á regularización emocional) e Las cicatrices no duelen (sobre a perspectiva do trauma e EMDR) (Ed. Planeta). A nivel máis técnico publicou, entre outros: Trastornos Disociativos (Ed. Pléyades), Trastorno de Identidad Disociativo (Ed. Síntesis) e Cuando el cuerpo habla: Un abordaje integrador al trastorno conversivo (Ed. Paidós).
LUIS FERNANDO LÓPEZ MARTÍNEZ. M-31676
Psicólogo Xeral Sanitario. Psicoterapeuta de adultos e adolescentes. Director da Área Sanitaria ISNISS. Codirector Xeral, fundador e creador de ISNISS. Coordinador Técnico do Programa Hablemos de suicidio do Colegio Oficial de la Psicología de Madrid. Profesor de la UPV no Especialista Universitario en Suicidoloxía. Investigador doutoural de condutas autolesivas e suicidas en contornas dixitais, redes sociais e internet. Profesor en diversas universidades públicas e privadas a nivel nacional e internacional. Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria. Máster en psicoterapias humanistas. Máster en intervención comunitaria. Máster en mediación e resolución de conflitos. Técnico experto en violencia de xénero. Experto en dó. Experto en prevención e intervención na conduta suicida. Experto en redes sociais e internet.
Autor das obras publicadas: Peajes emocionales: un viaje de tu interior; Duelo, autolesión y conducta suicida: desafíos en la era digital; Guía práctica de la autolesión y el suicidio en entornos digitales; Abordaje integral de la conducta suicida y autolesiva. Guía para familias y profesionales, e Palabras que curan. El poder de las palabras en la autolesión y el suicidio.
Membro da Asociación Española de Neuropsiquiatría y Salud Mental – AEN. Membro da Sociedad Española de Psicología Clínica y de la Salud (SECyS). Membro da Sociedad Internacional de Autolesión (SIA). Socio-fundador da Sociedad Española de Suicidología e membro profesional do grupo de estudo e investigación da conduta suicida do Colegio Oficial de la Psicología de Madrid.
Colaborador e divulgador en medios de comunicación e prensa, asociacións e institucións públicas e privadas en materia de saúde mental, prevención e intervención en condutas autodestructivas, disruptivas, suicidas e autolesivas en redes sociais, internet, NN.TT. e TIC.
ALEJANDRO ALBERTO GARCÍA CABALLERO
Licenciado en medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Especialista en Psiquiatría (MIR), Doutor con mención europea pola Universidade de Santiago de Compostela. Especialista ProCC MIC 2. Instrutor YAM.
Actualmente é coordinador de Programas de prevención / promoción da saúde mental. XS Saúde Mental. SX Atención primaria e DX Asistencia Sanitaria no Servizo Galego de Saúde (SERGAS).
Premio extraordinario de doutorado da Universidade de Santiago de Compostela. Premio Ramón Piñeiro de Ensaio polo libro “Psicopatoloxía do retorno” (2006). Premio Innova e-Vial ao mellor proxecto de innovación en e-Salud (2015). Premio ao mellor videoxogo de saúde por Second Chance (2016). Premio Albert Jovell de humanización en medicina 2018 por e-Motional Trainig.
Director das teses: Versión reducida de “Boston Naming Test”, para despistaxe de demencia no medio rural galego de María Consuelo Nebreda Vicario (2012); Suicidio e escritura. Unha análise clínico-lingüistica de textos e notas suicidas de Mercedes Fernández Cabana (2016); Programa de adestramento en cognición e competencia social en pacientes con esquizofrenia: e-Motional Training de Miriam Vázquez Campo (2016); Voices: deseño de ferramentas para a rehabilitación prosódica en pacientes con trastornos psicóticos de María Lado Codesido (2022).
IP en Proxectos financiados (nome, ano, fonte, financiación): E-Motionaltraining: (2014) Programa Pris I Sergas. 220K; STARS – PCP. (Reducción estrés psicológico en enfermos quirúrgicos) (2019) Proyecto Europeo Horizon 2020. 298K; COPERIA (Diagnóstico diferencial e intervención cognitiva e rehabilitadora en Covid Persistente por Intelixencia Artificial). (2022). GAIN. Fondos FEDER. 643K; E-Motional Training patoloxía dual. Plan Nacional de Drogas. 2022. 69K; VISIA (Vixilancia do Suicidio en Adolescentes por medio de IA). Subproxecto 2. ECA. Ministerio de Ciencia e Innovación. Proxectos de Transición Ecolóxica e Transición Dixital 2021. 202K.
Publicou numerosos artigos nos que destacan no ámbito do suicidio: Adaptation and validation of the Semi-Structured Interview for Psychological Autopsy (SSIPA) in Spanish. García Caballero et al. Actas Espanolas de Psiquiatria 2010 | EID: 2- s2.0-79957458890; Suicidal traits in Marilyn Monroe’s Fragments: an LIWC analysis. Mercedes Fernández et al. Crisis 2013-01-01 | Journal article DOI: 10.1027/0227-5910/a000183; Linguistic analysis of suicide notes in Spain. Mercedes Fernández et al. The European Journal of Psychiatry 2015-06 | Journal article DOI: 10.4321/s0213-61632015000200006; Suicide notes: clinical and linguistic analysis from the perspective of the Interpersonal Theory of Suicide. Mercedes Fernández et al. The European Journal of Psychiatry 2015-12 | DOI: 10.4321/s0213-61632015000400006.
DIEGO ANTELO GUERRA. G-04439
Licenciado en Psicoloxía no ano 2011 pola Universidade de Santiago de Compostela. Psicólogo habilitado para o exercicio de actividades sanitarias, con consulta privada con máis de 10 anos de experiencia no ámbito do diagnóstico, avaliación e intervención psicolóxica. Psicólogo do tráfico e da seguridade. Membro interveniente do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Realiza numerosas colaboracións con diferentes medios de comunicación para a divulgación da psicoloxía no ámbito público e social.
JEANNE PICARD MAHAUT
Nacida en Francia, pero vive na Coruña desde o ano 1966. No ano 2000 é membro fundadora da ONG STOP Accidentes de axuda ás vítimas de accidentes de tráfico e as súas familias. Delegada en Galicia ostenta o cargo de secretaria e encargada da área de asuntos internacionais. No ano 2011, é membro fundadora da Federación Iberoamericana de Asociaciones de Víctimas contra la Violencia Vial (FICVI) e como tal invitada a representar á sociedade civil en numerosos congresos e xornadas en Iberoamérica.
Nai de vítima, activista convencida de que “fago o que o meu fillo faría por min e todas as demais persoas”, participa en accións de voluntariado dedicándose á axuda ás vítimas, así como á educación en valores, único camiño que nos leva a prevención.
Impulsora do cambio para modificar as leis e demais medidas institucionais para loitar contra a violencia viaria, participa en numerosas reunións, congresos nacionais e internacionais.
En 2011, foille outorgada polo Ministerio de Interior en recoñecemento a súa labor a Medalla ao Mérito da Seguridade Viaria na súa categoría de prata con distintivo azul.
NATALIA LORENZO RUÍZ. O-01508
Licenciada en Psicoloxía. Máster en Trastornos Postraumáticos. Técnico superior en Prevención de Riscos Laborais, especialidades de Ergonomía e Psicolosocioloxía aplicada e Seguridade no Traballo. Especialista en Protección Civil e Emerxencias. Acreditación Nacional de Psicóloga Experta en Psicoloxía de Emerxencias e Catástrofes polo Consejo General de la Psicología de España. Coordinadora do Grupo de Intervención en Emerxencias e Desastres do Colegio Oficial de Psicología del Principado de Asturias. Membro da Red Nacional de Psicólogos para la Atención Psicológica a las Victimas del Terrorismo (Ministerio del Interior en colaboración co Consejo General de la Psicología de España). Vicepresidenta da Federación Internacional de Psicología de la Emergencia (FIPE-IFEP). Vogal da Xunta Directiva da Sociedad Española de Psicología Aplicada a Desastres, Urgencias y Emergencias (SAPADEM). Socia fundadora e secretaria da Asociación para la Intervención Psicológica en Urgencias, Emergencias, Crisis y Desastres (ASINPEC). Socia fundadora da Sociedad Española de Suicidología. Socia fundadora da Asociación de Profesionales en Prevención y Postvención del Suicidio (Papageno). Socia da Asociación Profesional de Técnicos de Bomberos (APTB). Socia da Asociación Nacional de Especialistas Profesionales en Protección Civil y Emergencias (ANEPPCE). Socia acreditada de la Asociación Internacional de Miembros de Cuerpos de Seguridad y Emergencias (AIMCSE).
Psicóloga do Centro Asesor á Muller do Concello de Gijón (Asturias) desde o 2017 á actualidade. Intervención psicolóxica en crises e emerxencias desde 1998 á actualidade. Docente de accións formativas presenciais e online desde 1997 á actualidade. Consulta psicolóxica privada entre 2006 e 2017. Técnico en proxectos sociais na Cruz Roja entre 1998 e 2017. Relatora en diferentes congresos e xornadas a nivel nacional e internacional.
Mª LUZ LOSADA SOMOZA. G-03037
Licenciada en Psicoloxía (2001). Terapeuta familiar (2003). Terapeuta do Programa Abramos o Círculo e o Programa de Atención Psicolóxica a Mulleres que Sofren Violencia de Xénero, e complementariamente a menores e outras persoas dependentes delas que vivan ou padezan situación de violencia de xénero (PAPMVX) desde 2005 ata o marzo de 2019, data na que foi nomeada coordinadora do PAPMVX ata a actualidade. É membro do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
A súa relación con Grupos de Traballo, GIPCE e o PAPMVX, do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia fai que intervira en diferentes situación de emerxencias en violencia de xénero.
Dirixe o Gabinete 2T Psicoloxía nas súas dúas sedes, en Pontevedra e en Cambados, lugares onde fai intervencións psicolóxicas a nivel privado e para diferentes programas, empresas e aseguradoras.
MARÍA CARPALLO GONZÁLEZ, M-34575
Graduada en Psicoloxía (2013) pola Universidade Complutense de Madrid, máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria (2018) pola Universidade Autónoma de Madrid e estudante de doutoramento na Universidade de Valencia. Actualmente é docente no Departamento Online da Facultade de Ciencias Biomédicas da Universidade Europea. Realiza a súa Tese sobre o Ensaio Clínico PsicAP onde, contratada por Psicofundación, realizou as xestións de coordinación do equipo da Comunidade de Madrid en colaboración co investigador principal, o Dr. Antonio Cano Vindel, así como co Dr. Roger Muñoz Navarro, ambos os directores de Teses.
Así mesmo, colaborou no Programa Telefónico de Atención Psicolóxica dos Colexios Oficiais de Psicoloxía Autonómicos e no Proxecto que lidera o Dr. Roger Muñoz Navarro para coñecer a prevalencia de trastornos emocionais durante o confinamento da primeira onda pola Pandemia polo COVID-19, titulado: Procesos Cognitivos, Regulación Emocional y Desarrollo de Síntomas y Trastornos Emocionales Durante el Confinamiento por el COVID-19. María Carpallo publicou 13 artigos científicos e colabora no proxecto PsicAP-COSTS (Custo-Efectividade do tratamento en Atención Primaria) e forma parte do equipo de traballo do Proxecto PsiCE (Psicoloxía baseada na evidencia en Contextos Educativos) da Comunidad de Madrid en colaboración co Colexio Oficial da Psicoloxía de Madrid.
Coautora da Propuesta de Protocolo de Recogida de Datos para Crisis y Emergencias. Aprendizajes de los Dispositivos de Atención Psicológica Telefónica en la Crisis de COVID-19 (M. Carpallo-González, A.M. Nuñez-Rubines, J.T. Limonero, P. Fernández-Berrocal e R. Muñoz-Navarro).
ANDRÉS CUARTERO BARBANOJ. C-01497
Psicólogo Especialista en Psicoloxía Clínica. Xefe de Psicoloxía do Sistema de Emerxencias Médicas da Generalitat de Catalunya. Máster en Teraía de Conduta (Fundación Universidad-Empresa / UNED). Máster en Psicoloxía Xurídica (Fundación Universidad-Empresa/ UNED). Director do Posgrao UB-IL3 Psicoloxía de Emerxencias e Catástrofes (actualidade: V Edición 2023-2024). Director de Máster en Intervención Psicolóxica avanzada en Emerxencias, UB-IL 3 (I Edición 2023-2024). Membro da Red Nacional de Psicólogos de Atención a Vítimas do Terrorismo.
Coautor do artigo “Atención psicolóxica en IMVI”, no Manual de Incidentes de múltiples vítimas intencionados. Ediciones FUB. Coautor do artigo na Revista Española de Medicina Legal, “Cara un cambio de paradigma na atención psicolóxica en grandes emerxencias: de incidentes con múltiples vítimas a incidentes con afectados”.
Coautor da Propuesta de Protocolo de Recogida de Datos para Crisis y Emergencias. Aprendizajes de los Dispositivos de Atención Psicológica Telefónica en la Crisis de COVID-19.
AURORA ROZADILLA ARIAS. G-01841
Licenciada en Psicoloxía en 1991 pola Universidade de Santiago de Compostela. Psicóloga Especialista en Psicoloxía Clínica. Acreditada como Psicóloga Experta en Emerxencias e Catástrofes polo Consejo General de la Psicología de España. Membro do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia desde o 2005 e membro da súa coordinadora desde 2008 ata febreiro de 2019. Psicóloga cooperante internacional: Terremoto en Perú, terremoto en Haití, supertifón en Filipinas e campo de refuxiados de Idomeni (Grecia).
SONIA FONTECHA HERAS. R-00508
Psicóloga sanitaria. Acreditada como Experta en Emerxencias e Catástrofes polo Consejo General de la Psicología de España. Vogal da Área de Psicoloxía de Emerxencias do Colegio Oficial de la Psicología de La Rioja. Funcionaria de carreira pola especialidade de orientación educativa. Coordinadora do Programa de Benestar Emocional no contexto educativo do Gobierno de La Rioja.
MIGUEL ANXO GARCÍA ÁLVAREZ. G-00414
Psicólogo Clínico no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (SERGAS). Diplomado en Alta Dirección Hospitalaria (ESADE-FEGAS). Máster en Bioética e Dereito pola Universidad de Barcelona. Decano do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia desde 1986 a 1995. Membro da Comisión asesora en materia de saúde mental da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia desde 1986 ata 2004. Co-director do Máster de Neuropsicoloxía Clínica no Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía da Universidade de Santiago de Compostela en 2002 e 2006. Coordinador do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia desde 2004 a 2007. Membro da Comisión Nacional de Psicoloxía Clínica desde 2006 a 2014. Presidente do Comité de Ética Asistencia do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela desde 2008 a 2015. Portavoz do Movemento Galego de Saúde Mental (MGSM) desde 2014 a 2019. Membro do Comité Técnico da Estratexia de Enfermidades Neurodexenerativas do Sistema Nacional de Salud. Presidente da Asociación Derecho a Morir Dignamente-Galicia desde 2020 á actualidade.
FRANCISCO JAVIER TORRES AILHAUD. B-00600
Psicólogo forense do Instituto de Medicina Legal de Islas Baleares (Ministerio de Justicia). Decano do Colegio Oficial de la Psicología de Islas Baleares. Vogal da Xunta de Goberno do Consejo General de la Psicología de España. Coordinador da Área de Intervención Psicolóxica en Emerxencias e Catástrofes do Consejo General de la Psicología de España. Experto acreditado en Psicoloxía de Emerxencias polo Consejo General de la Psicología de España. Coordinador da Red Iberoamericana de Psicología de Emergencias (RIPE) dependente de Psicofundación do Consejo General de la Psicología de España. Docente no ámbito das emerxencias e Colexios Oficiais de Psicoloxía, Concellos, Centro de Emerxencias 112, Protección Civil e Corpos e Forzas de Seguridade.
JOSÉ ANTONIO LUENGO LATORRE. M-00347
É catedrático de ensinanza secundaria, na especialidade de orientación educativa.
Licenciado en Psicoloxía pola Universidad Complutense de Madrid. Psicólogo sanitario e experto en Psicoloxía Educativa, Atención Temprá e en intervención en centros educativos problemáticos.
É decano-presidente do Colegio Oficial de la Psicología de Madrid e vicepresidente primeiro do Consejo General de la Psicología de España.
É presidente da Fundación do Colegio Oficial de la Psicología de Madrid.
Na actualidade é coordinador do Equipo de Apoio socioemocional da Unidade de Convivencia e Contra o Acoso Escolar, dependente da Subdirección General de Inspección Educativa da Consejería de Educación da Comunidad de Madrid.
Así mesmo, é membro do Consejo Asesor da Cátedra “Derechos del Niño”, da Universidad Pontifica de Comillas, membro do Comité sobre promoción da saúde e dereitos da infancia e da adolescencia do Ilustre Colegio Oficial de Médicos de Madrid, director asociado da Revista Psicología Educativa do Colegio Oficial de la Psicología de Madrid e director asociado da Revista Papeles del Psicólogo do Consejo General de la Psicología de España.
Foi profesor nas Facultades de Educación da Universidad Complutense de Madrid e da Universidad Camilo José Cela de Madrid. Actualmente, é profesor invitado nesta universidade.
Durante dez anos (2002-2012) desenvolveu a súa actividade profesional como Defensor do Menor na Comunidad de Madrid, de 2002 a 2010 como secretario xeral da institución e durante os últimos dous anos como xefe de gabinete técnico da mesma.
Con anterioridade (1193-2002) desempeñou postos de responsabilidade na Administración Educativa da Comunidad de Madrid, entre outros, como xefe de sección de supervisión e orientación da Red de Escuelas de Educación Infantil da Comunidad de Madrid e xefe do servizo de educación infantil e xefe do servizo de xestión de centros públicos de educación infantil, primaria e especial, e dos Equipos de Orientación Educativa e Psicopedagóxica.
Galardoado coa Cruz con Distintivo Branco da Orden do Mérito do Corpo da Garda Civil e Cruz ao Mérito Policial con Distintivo Branco da Policía Nacional.
Autor de numerosas publicacións relacionadas coa infancia e a adolescencia e o sistema educativo.
LOLA COLLADO TARAZÓN. CV-11040
Licenciada en Psicoloxía. Psicóloga Xeral Sanitaria. Experta en psicoloxía de emerxencias e catástrofes. Coordinadora da unidade de intervención en crises en Fundación Salud y Persona (Barcelona). Dirección do título de posgrao “Técnico de intervención en crises” da Universidad Internacional de Cataluña (UIC). Docente do Máster Oficial de Psicoloxía Xeral Sanitaria da Universidad de Cataluña (UIC). Psicóloga de emerxencias na Asociación Psicoemergencias – CV desde 2015 a 2022, participando en intervencións de situacións de crise e emerxencias e como coordinadora da área de formación. Intervención e coordinación dos equipos de dispositivo telefónico para a atención á poboación e persoal sanitario en situación de crises e dó durante a COVID-19 do Colegio Oficial de Psicólogos de la Comunidad Valenciana. Doutoranda en Psicoloxía Clínica e da Saúde pola Universidad de Valencia. Desenvolvemento dun programa de investigación sobre psicoloxía de emerxencias no Consorcio Provincial de Bomberos de Valencia. É membro da Sociedad Española de Psicología Aplicada a Desastres, Urgencias y Emergencias (SEPADEM).
Carlos Temprano
Jefe de la Brigada de Policia Judicial de Santiago
MARCOS ARAÚJO PEREIRA
Nacido en Vigo en 1974, estudou no Colexio Apóstol Santiago e é Enxeñeiro técnico Forestal especializado en Industrias de Produción forestal pola Universidade de Vigo. É técnico superior en Prevención de Riscos Laborais coas especialidades de Seguridade, Hixiene e Ergonomía e no mesmo área posúe o Master de Nivel Superior Oficial de Posgrao de Prevención de Riscos laborais (EEES-Bolonia). Tamén é posuidor do Master Universitario en Dirección e Xestión de Empresas Deportivas pola Universidade de Vigo. Ademais, conta cunha ampla formación complementaria con cursos relacionados coa loita contra incendios forestais, urbanos e industriais, salvamento, supervivencia, salvamento acuático ou xestión e dirección de emerxencias de emerxencias.
Na súa extensa experiencia profesional, traballou como Sarxento responsable do Parque de Bombeiros de Porriño, como responsable do parque de bombeiros do Consorcio Comarcal de Valdeorras e foi durante 7 anos director de Formación de Seganosa empresa de referencia a nivel peninsular da formación e adestramento en emerxencias aéreas, marítimas e terrestres. No ámbito do sector forestal foi directivo da Comunidade de Montes Veciñais en Teis, asesor técnico da Organización Galega de Comunidades de montes nos seus comezos e Membro da Mancomunidade de Montes de Vigo así como do comité ambiental do Concello de Vigo.
MÁRCIO SIMÃO PEREIRA
EVA MUÍÑO GÓMEZ, G-01281
Psicóloga cunha ampla traxectoria no ámbito da psicoterapia e diagnóstico psicotécnico. A miña formación inclúe unha Licenciatura en Psicoloxía da USC, con especialización en Clínica e un Máster en Mediación en Delitos de Tráfico. Ademais, posúo o recoñecemento como Especialista en Psicoterapia por Europsy e alcancei os niveis I e II en EMDR.
Ao longo dos meus 30 anos de experiencia, dediquei o meu labor á psicoterapia con nenos, adolescentes e adultos, así como á realización de diagnósticos en distintos contextos. Desde o 2007, intervín con eficacia en programas de intervención e coordinación en proxectos relacionados con penados de tráfico, como as Xornadas de Concienciación e Sevime.
No ámbito docente, compartín os meus coñecementos durante máis de 10 anos no Centro Nacional de Formación Marítima de Bamio, así como en diversas accións formativas sobre Tráfico e Seguridade no COPG. Tamén desempeñei o rol de profesora de Formación Profesional en Servizos á Comunidade.
Ademais, teño a honra de ser a Coordinadora do Grupo de Tráfico e da Seguridade no Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, así como a Coordinadora da División de Tráfico e da Seguridade no Consello Xeral da Psicoloxía de España.
Estou comprometida co benestar psicolóxico e a seguridade viaria, e estou encantada de seguir contribuíndo a través da miña experiencia e coñecementos. Grazas por coñecer un pouco máis sobre a miña traxectoria!
LOURDES FERNÁNDEZ MÁRQUEZ. M-21117
Psicóloga Xeral Sanitaria. Acreditada polo Consejo General de la Psicología de España como Psicóloga Experta en Psicoloxía de Intervención en Crises, Emerxencias e Catástrofes. Membro do Grupo de Psicólogos de Emerxencias do Colegio Oficial de la Psicología de Madrid e da Red Nacional de Atención a Víctimas del Terrorismo. Psicóloga para a atención a familiares de vítimas de falecidos traumáticos no Instituto de Medicina Legal y Forense da Comunidad de Madrid. Psicoterapeuta en programas de apoio ao empregado, atendendo aos profesionais e as súas familias no coidado da saúde emocional e no gabinete privado.
Máster en Psicoterapia e Máster en Psicoloxía da Intervención en Crises e Emerxencias pola Universidad Autónoma de Madrid e acreditada polo Consejo General de la Psicología de España. Experta en trauma e crises, estrés agudo, grandes catástrofes e emerxencias psicolóxicas estrahospitalarias como accidentes, suicidios, homicidios e eventos de risco previsibles, problemas laborais e de empresa. Foi membro do Comité Coordinador da Red Iberoamericana de Psicología de Emergencias entre 2011 e 2022. Interviniente na atención a persoas que sufriron grandes desastres, como o atentado yihadista en Barcelona, o accidente aéreo de Spanair, o terremoto de Haití, o 11-M, así como secuestros terroristas e conflitos armados entre outros. Psicóloga voluntaria e técnico de emerxencias sanitarias no Servizo do SAMUR-Protección Civil de Madrid para a emerxencia diaria extrahospitalaria desde 2007a 2017. Consultora e formadora a colectivos profesionais, directivos de empresas, corpos de intervención como Protección Civil ou Policía Nacional, persoal sanitario, persoal diplomático e directivos de empresas, así como a outros psicólogos en másteres e posgraos universitarios. Relatora en xornadas e congresos de psicoloxía nacionais e internacionais. Psicóloga divulgadora en medios de comunicación polo Colegio Oficial de la Psicología de Madrid.
JOSÉ MARÍA FREIRE DURO, G-3339
OLEGARIA MOSQUEDA BUENO. G-01024
Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela en 1986. Educadora e Orientadora en Educación no IES Santa Irene (Vigo- Pontevedra). Especialidade en Apoio Psicolóxico e Orientación Educativa pola Universidade de Santiago de Compostela en 1993. Psicóloga habilitada pola Xunta de Galicia como facultativa para a “Avaliación psicolóxica de buceadores”, co número de rexistro 15 pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura desde 1999. Membro do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia desde o ano 2005 á actualidade, realizando numerosas intervencións (accidente do Tren Alvia, afundimento do Villa Pitanxo accidentes de tráfico, violencia de xénero …).
No ámbito da investigación, participou no grupo de traballo de intervencións en incidentes críticos e emerxencias en centros educativos e na elaboración do Protocolo de Intervención no 2013; elaboración e participación no grupo de traballo do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia do “Programa psicoeducativo como tratamento preventivo post-emerxencia para centros educativos” de infantil, primaria e ESO, ante os efectos producidos polo aillamento causado pola pandemia da COVID-19; colaboración coa Universidad de la Rioja no Estudo PsiCE e investigación nacional sobre o estado emocional dos adolescentes e a implantación do programa “Tratamento transdiagnóstico dos trastornos emocionais nos adolescentes” nos cursos 2021, 2022 e 2023.
Docente en numerosos obradoiros, seminarios e cursos sobre atención psicolóxica en emerxencias. Titora externa do prácticum do Máster do Profesorado de Ensinanza Secundaria da Universidade de Santiago de Compostela desde 2010 a 2012. Profesora colaboradora da Universidade de Vigo no Máster de Apoio ao Alumnado con Necesidades Educativas Especiais, módulo “contexto socioculturais desfavorecidos/inmigrantes, gitanos e familias deprivadas social e económicamente pola crise, desde o 2011 á actualidade.
CRISTINA GARCÍA GONZÁLEZ. T-02572
FÁTIMA LÓPEZ RODRIGUEZ, G-2712
RUBÉN VILLAR TRENCO, G-3353
– Licenciado en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (2002)
– Diploma de Estudos Avanzados – Etapa de formación do programa de doutoramento Psicoloxía Social e Básica – Universidade de Santiago de Compostela (2003 – 2004)
– Grao de Licenciado: Modalidade Traballo de Investigación (Memoria de licenciatura: Análises da relación maltrato – delincuencia en adolescentes) (2004)
– Título de Experto en Psicoloxía Forense pola Universidade de Santiago de Compostela (2005)
– Técnico no “Programa de Reeducación para Maltratadores de Xénero: Plan de Actuación na Comunidade Autónoma de Galicia” – Universidade de Santiago de Compostela (2005/2006)
– Axente de Igualdade de Opotunidades para a Muller pola UNESCO (2007)
– Participación no proxecto piloto “Intervención con Homes que Exercen a Violencia de Xénero”, que o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia desenvolveu en colaboración co Servizo de Xestión de Penas e Medidas Alternativas do Centro de Inserción Social de A Coruña (2011 – 2012)
– Desenvolvemento de “Talleres reeducativos e programas terapéuticos como forma de cumprimento en medidas penais alternativas a prisión” (desde 2012)
– Membro da Comisión Intersectorial Feminista do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (desde 2013)
– Coordinador do “Programa de atención psicolóxica a homes con problemas de control de violencia no ámbito familiar: ABRAMOS O CÍRCULO” (desde 2013)
– Coordinador do “Programa de apoio e asistencia psicolóxica especializada ás vítimas nas oficinas de atención á vítima e ao cidadán existentes na Comunidade Autónoma de Galicia” (2017 – 2018)
– Membro experto dun equipo nacional constituído ao amparo da Secretaría de Estado de Seguridade para a revisión pormenorizada dos casos de homicidio de mulleres no ámbito da relación de parella (2017)
– Coordinador do “Servizo de quenda de garda psicolóxica especializada e permanente, para mulleres e os seus fillos e fillas menores, que sofren violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia” (desde 2018)
– Compaxina esta actividade coa práctica da psicoloxía sanitaria no ámbito privado desde hai mais de 15 anos.
MELINDA ENDREFY. T-02860
Psicóloga sanitaria colexiada no Colegio Oficial de la Psicología de Santa Cruz de Tenerife. Profesora colaboradora da Facultad de Psicología da Universidad de La Laguna (Santa Cruz de Tenerife). Presidenta da Asociación Mundial de Psicología de Emergencias en Ucrania (WAEP-AMPE). Coordinadora de psicoloxía de emerxencias en Ucraína para HromadaHub. Representante para Eurasia da Federación Internacional de Psicología de Emergencias (IFEP-FIPE). Psicóloga acreditada en psicoloxía de emerxencias polo Consejo General de la Psicología de España. Membro do Grupo de Psicología de Emerxencias (GIPEC) do Colegio Oficial de la Psicología de Santa Cruz de Tenerife. Máster oficial en psicoloxía da educación da Universidad de La Laguna (Santa Cruz de Tenerife). Máster oficial en psicoloxía da comunicación e técnicas de influencia social da Universidad Titu Maiorescu (Rumanía). Formadora de formadores para o Goberno de Rumanía.
JOAQUÍN AMILLS BONET
Nacido en Barcelona en 1957, por motivos laborais mudou a súa residencia a un pequeno pobo chamado Carboneras, en Almería. O seu fillo desapareceu o 11 de setembro de 2008 á idade de 23 anos e sigue desaparecido a día de hoxe. Ese acontecemento significou un antes e un despois na súa vida. No ano 2010 fundou co seu amigo Fran Jiménez a Asociación Sosdesaparecidos a cal ten a honra de presidir desde entón, converténdose nun referente mundial. Está casado con Patricia R. Cabrera Sena, de nacionalidade Uruguaia, psicóloga que dirixe a área de psicoloxía da Asociación Sosdesaparecidos.
Mª DEL PILAR BARDERA MORA
AÍDA DE VICENTE COLOMINA, M-19505
Doutora en Psicoloxía pola Universidad Complutense de Madrid. Máster Oficial en Terapias Psicolóxicas de Terceira Xeración. Premio Flor Bellver (2022- Fundación QSD Global) por “Evaluación de sintomatología postraumática en familiares de personas desaparecidas”. A súa liña de investigación está centrada na avaliación e na intervención en trauma.
Psicóloga habilitada en Psicoloxía Xeral Sanitaria. Con experiencia laboral no ámbito da intervención en urxencias, emerxencias e catástrofes, así como na práctica privada en psicoloxía sanitaria. Pertencente á Red Nacional de Atención a Víctimas del Terrorismo do Ministerio del Interior, sendo autora dunha publicación sobre este tema traducida a varios idiomas. Imparte docencia a nivel de máster e especialización en distintas universidades.
CECILIA BARROS DÍAZ
Avogada. Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 2005, e realizado o Curso de Adaptación Pedagóxica (C.A.P.) da Universidade de Santiago de Compostela en 2006. Colexiada co número 2247 no Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela desde o ano 2009.
Experta en Dereito Sanitario, Dereito da Psicoloxía, Protección de Datos, Igualdade, Violencia de Xénero e Protección Xurídica de Menores.
Experiencia como integrante durante varios anos na quenda de oficio especializada en Violencia de Xénero, coa súa formación continua esixida para desempeñar tal posto, e participación activa como integrante do Consello Asesor de Doentes do CHUS na elaboración de plans personalizados para doentes e resolucións de problemáticas xurdidas ao respecto.
Especializada como asesora xurídica (integral) en corporacións e administracións públicas, asociacións de persoas en risco de exclusión social, e ONGs de doentes e familiares de doentes.
Na actualidade titular do despacho de avogados ProtexDat, sito en Santiago de Compostela.
ANNA ROMEU MATEU. C-11336
DOLORES MOSQUERA BARRAL
Dolores Mosquera é psicóloga e psicoterapeuta, especializada en trastornos da personalidade, trauma e disociación. É a directora do Instituto para el Estudio del Trauma y los Trastornos de la Personalidad (INTRA-TP) —un centro privado con 3 clínicas que se funda no 2000.
Dolores colabora con varios programas de atención psicolóxica a poboacións específicas como o Programa de Atención Psicolóxica a Mujeres que sofren Violencia de Xénero (PAPMVX), Abramos ou Círculo: Programa de atención psicolóxica a homes con problemas de control da violencia e a Red Nacional de Psicólogos para la Atención a Víctimas del Terrorismo, así como con IPSE – Intervención Psicolóxica Especializada. Programa de Asistencia Psicolóxica ante Situacións Críticas.
Forma parte do equipo editorial do European Journal of Trauma and Dissociation e do Journal of EMDR Practice and Research e do European Journal of Trauma and Dissociation. Tamén é a co-editora, xunto con Onno van der Hart, do boletín informativo da European Society for the Study of Trauma and Dissociation.
Dolores conta cunha ampla experiencia docente, impartindo seminarios, talleres e conferencias a nivel internacional. Colabora con diversas Universidades Europeas de maneira habitual como profesora convidada e supervisa a terapeutas a nivel internacional, en máis de 30 países, desde o 2010. É a co-directora do Master en Trastornos da Personalidade organizado pola Universidade Complutense de Madrid.
Publicou 17 libros e numerosos artigos sobre trastornos da personalidade, trauma complexo, suicidio, apego, disociación e violencia de xénero.
Recibiu o premio David Servan-Schreiber pola súa contribución destacada en EMDR no ano 2017, foi recoñecida no ano 2018 pola ISSTD (International Society for the Study of Trauma and Dissociation) pola súa contribución no campo do trauma e a disociación e recibiu o premio MAM10 Prix David Servan-Schreiber a un clínico investigador internacional que realizou unha achega significativa ao desenvolvemento da investigación e mellora da Terapia EMDR no ano 2021. No 2022, Dolores recibiu o premio Profesional do ano na categoría de Psicoloxía pola súa traxectoria e contribución en dignificar a profesión.
MERCEDES JIMÉNEZ-CARLÉS GONZÁLEZ-BARBA, AN 07412
Psicóloga e Psicoterapeuta relacional. Formada en funcionamento mental e acción terapéutica na infancia e na nenez, adolescencia, adultos e parellas sendo membro do Instituto de Psicoterapia Relacional (IPR) e da IARPP (International Association for Relational Psychoanalysis and Psychotherapy). É profesora de Educación Física e Educación Infantil. É coordinadora en Andalucía Red Nacional Psicólogos para a prevención do suicidio de Psicólogos Princesa 81, S.L.P. Formada en emerxencias e desastres, posúe a acreditación profesional de psicóloga experta en psicoloxía de emerxencias e catástrofes polo Consejo General de la Psicología de España, pertencendo ao grupo activo do GIPED (Grupo Activo de Intervención Psicolóxica en Emerxencias e Desastres), á Sociedad Española de Psicología Aplicada a Desastres, Urxencias e Emerxencias (SEPADEM). Tamén pertence ao servizo de apoio psicolóxico en crises para fillas e fillos de mulleres vítimas mortais de violencia de xénero pola Junta de Andalucía, a través da Asociación Acción Social por la Igualdad (ASI). É experta na abordaxe psicolóxica integral en violencias machistas contra mulleres e menores e experta en dó no ciclo da vida. É titular dun centro sanitario en Sevilla con NICA 41692, onde exerce a súa actividade profesional, constituído por cinco unidades asistenciais.
TERESA PACHECO TABUENCA. M-17375
Doutora en Psicoloxía pola Universidade Complutense de Madrid. Subdirectora Xeral de Atención e Coidados sociosanitarios na Consellería de Sanidade na Comunidade de Madrid.
Experta en psicoloxía de emerxencias e sucesos de grande magnitude. Máster en Psicoloxía Clínica e de Saúde e en Saúde Mental en Catástrofes e Desastres pola Universidade Complutense de Madrid. Autora de numerosas publicacións e do libro “Atención Psicosocial en Emergencias. Evaluación e intervención en situaciones críticas”, Ed, SÍNTESIS (2012).
Relatora en máis de 200 conferencias e cursos impartidos a nivel nacional e internacional no ámbito de especialización (emerxencias e sucesos de grande magnitude; suicidio, dó, habilidades de comunicación, liderazgo, humanización, coordinación sociosanitaria, fraxilidade e outros). Psicóloga colaboradora en docencia práctica dentro do Departamento de Personalidade, Avaliación e Tratamento Psicolóxico I da Facultade de Psicoloxía da Universidade Complutense de Madrid entre 2005 e 2016. Titora de alumnos do Maxister en saúde mental en catástrofes e desastres no 2005.
Membro de distintas asociacións, entre elas, a Sociedad Española de Psicología Aplicada en Desastres y Emergencias (SEPADEM), a Red Mundial de Suicidiólogos y Sociedad Española de Suicidiología, a Asociación Papágeno de profesionais en prevención e postvención do suicidio. Membro da Comisión de Acreditacións en emerxencias e catástrofes do Colegio Oficial de la Psicología de Madrid.
Mª PAZ GARCÍA VERA. M-08759
Catedrática de Psicoloxía na Universidad Complutense de Madrid. Especialista en Psicoloxía Clínica polo Ministerio de Educación e Ciencia, e académica de número da Academia de la Psicología de España, onde ostenta a medalla 28.
A súa traxectoria investigadora e profesional, reflexada en 185 publicacións científicas, a dirección e participación en 50 proxectos e de investigación financiados en convocatorias competitivas, 23 teses dirixidas e máis de 200 presentacións en congresos nacionais e internacionais. Obtivo numerosos recoñecementos como o Premio de Investigación de Psicoloxía Aplicada “Rafael Burgaleta” do Colegio Oficial de la Psicología de Madrid en tres edicións ou o Premio José Luis Pinillos á excelencia en psicoloxía 2019 ao Psicólogo Español Destacado pola súa Actividade Profesional, concedido polo Consejo General de la Psicología de España, a Conferencia de Decanos e Decanas de Psicología de las Universidades Españolas (CDPUE) e a Academia de la Psicología de España.
Pola súa labor coas vítimas de terrorismo recibiu no 2011 a Cruz con Distintivo Blanco da Orden del Mérito do corpo da Garda Civil e tamén recibiu a Medalla de Honra (Cruz da Dignidade) da Asociación Víctimas del Terrorismo (AVT), Distinción ao Espíritu Solidario da Fundación IUVE, a Paloma de Recoñecemento das Vítims do Terrorismo da Fundación Rodolfo Benito Sanmaniego, e a Medalla da Memoria da Asociación Plataforma de Apoyo a las Víctimas del Terrorismo (APAVT).
Desde outubro de 2018 serviu, primeiro 6 meses como subdelegada, e despois 11 meses como delgada do Goberno da Comunidade de Madrid, ata principios de febreiro do 2020, e tras declararse en España o estado de alarma pola pandemia da COVID-19, participou na creación e coordinou o servizo telefónico de atención psicolóxica do Ministerio de Sanidade e o Consejo General de la Psicología de España dirixido a familiares de enfermos e falecidos pola COVID-19.
Tamén leva colaborando moitos anos co Exército Español, e actualmente colabora co Exército de Terra co Proxecto “Mellora do apoio psicolóxico para as Unidades do Exército. Programa 20-35”.
JOSÉ NAVARRO GÓNGORA. M-05223
Profesor da Facultade de Psicoloxía de Salamanca e da Universidad de Jyväskylä (Finlandia). Director dos másteres en terapia familiar e de parella da Universidad de Salamanca, e de intervención en crises e trauma UNIVE, República Dominicana. Traballou como consultor de programas de psicoloxía da saúde e de intervención en crises para a Unión Europea en Asia Central, e como consultor para programas de intervención en crises masivas en España e en América (Haití, México, República Dominicana, Chile e Ecuador). As súas áreas de interese clínico e de investigación teñen que ver cos aspectos psicosociais da crises e a cronicidade en enfermidades, situacións traumáticas e na violencia nas relacións íntimas. Escribiu máis de cincuenta artigos de capítulos de libros, así como quince libros sobre terapia familiar, enfermidade e familia, violencia nas relacións íntimas e sobre intervencións en crises.
MARÍA TAJES ALONSO
Médico especialista en psiquiatría do adulto e en psiquiatría da infancia e a adolescencia. Responsable da coordinación do Plan de Saúde Mental de Galicia PosCOVID-19.
Vinculada sempre a sanidade pública, desenvolve o seu labor profesional no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela desde o ano 2010, adscribíndose ao equipo de psiquiatría infanto-xuvenil, e colaborando na unidade de referencia para o tratamento de enfermidades conxénitas e raras de dito hospital. Membro do grupo de traballo en prevención de conduta suicida do Ministerio de Sanidade.